O Alcalde agradece AO CLUB BALONMÁN CAÑIZA a doazón de alimentos para o Almacén Solidario Municipal

Esta mañá o Director do CBC, Ismael Lago, fixo entrega nas dependencias dos servizos sociais comunitarios do Concello, dos alimentos doados por toda a familia do balonmán Cañiza con destino ao Almacén Solidario.

Nun acto no que o Alcalde Luis Piña agradeceu unha vez máis ao Club por continuar organizando esta campaña solidaria de recollida de alimentos e aos siareiros e siareiras do balonmán pola súa implicación e contribución.

O pasado mes de decembro, á iniciativa do club, realizouse unha recollida de alimentos non perecedeiros e productos de hixiene na que participaron @s xogadores do club, familias, socios, entrenadores e todo o cadro directivo.

Unha agradecida iniciativa solidaria destinada a recoller produtos para abastecer o Almacen Solidario de Alimentos do Concello da Cañiza.

Grazas un ano máis polo voso esforzo e xenerosidade!!!