O Alcalde asiste á presentación do dispositivo especial para a campaña de vialidade invernal 2023/2024 da Rede de Estradas do Estado, activa ata o vindeiro mes de abril.

  • Unha campaña activada o pasado 1 de novembro e presentada hoxe nas instalacións do Centro de Conservación do Tunel de O Folgoso, nun acto presidido polo Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, acompañado da Subdelegada en funcións do Goberno en Pontevedra María Isabel Alonso , do Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Angel González e do Alcalde da Cañiza, Luis Piña.
  • O dispositivo especial do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana inclúe 21.000 toneladas de sal e 3,2 millóns de litros de salmoira para evitar a presencia de xeo na rede viaria.
  • O Delegado apelou á prudencia dos galegos e das galegas no inicio da campaña de inverno nas estradas, “Todos e todas temos que prestar atención ás condicións dos vehículos e adaptar a condución á situación da vía e do clima nestes meses máis complicados”, sinalou.
  • Ademáis da presentación deste novo dispositivo, se supervisaron os medios ubicados no Centro de Control de Túneles de Folgoso, destinados para esta campaña, neste tramo da Rede de Estradas do Estado.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou o importante despregue de medios humanos e técnicos con que contará a Comunidade para garantir a circulación en condicións de seguridade na Rede de Estradas do Estado durante a presente campaña invernal. Son un total de 104 máquinas quitaneves, unha máis que o ano pasado, máis de 21.000 toneladas de sal e máis de 3,2 millóns de litros de salmoira.

O dispositivo deseñado polo Ministerio busca, tal e como explicou o delegado,  “manter operativos e en condicións de seguridade os 2.500 quilómetros de estradas convencionais, autoestradas e autovías de titularidade estatal, dos que 537 quilómetros están nesta provincia de Pontevedra”. Para iso tamén se despregarán 309 operarios de mantemento de estradas, aos que se suman os operarios da Dirección Xeral de Tráfico, da Garda Civil e do resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Pedro Blanco fixo estas declaracións durante a visita ao Centro de Control de Túneles do Folgoso, onde supervisou os medios destinados para esta campaña neste tramo da Rede de Estradas do Estado.

Video file

Sector de Conservación da Cañiza

O Delegado do Goberno comprobou os medios dispoñibles no centro de Conservación e Explotación situado xunto ao Centro de Control de Túneles de Folgoso.

Desde este centro aténdense puntos tan sensibles como son o Alto da Cañiza (600 m) na A-52 e o alto de Fontefría (790 m) na N-120.

Nestas instalacións atópanse xa dispoñibles catro camións quitaneves, dous deles específicos para o estendido de salmoira, e 500 toneladas de sal en almacén e outros tres silos distribuídos ao longo do percorrido da A-52 neste porto de montaña. Deles, dous contan con capacidade de 100 toneladas e o terceiro, de 60 toneladas. O centro conta ademais cunha planta de salmoira cun depósito que pode acoller ata 62.000 litros.

O centro da Cañiza pertence ao Sector de Conservación Sur da provincia de Pontevedra, con base en Mos. Este Sector ten adscritos 81 km de estradas convencionais (N-120, N-550, N-551, N-552, N-555 e N-559) e 84 km de autovías (A-52, A-55 e VG-20).