O Programa está subvencionado cun total de 123.384,84 € para a activación do emprego para a anualidade de 2026, con cargo ao plan de obras e servizos de competencia municipal da Deputación provincial «Plan + Provincia 2026».
Durante este ano abriremos varios procedementos para a contratación de 10 persoas desempregadas para as seguintes ocupacións:
- 2 traballadores para cubrir a praza de mozo de recollida de lixo.
- 4 traballadores para cubrir as prazas de peón de construción de edificios.
- 4 traballadores para cubrir as prazas de condutores–operadores de maquinaria de vías.
Todos os contratos terán unha duración de 6 meses, a xornada completa.
As persoas interesadas en participar nestes procedementos de selección deberán estar previamente inscritas na oficina do Servizo Público de Emprego da Cañiza, nos CNO da ocupación á que desexen optar, así como cumprir os requisitos establecidos no «Máis Provincia 2026, liña 3», publicados no BOP de Pontevedra nº 1, do 2 de xaneiro de 2026.
Para ampliar esta información, pódese consultar co Axente de Emprego e coa Orientadora Laboral do Concello da Cañiza.


