Dirixido a nen@s e moz@s menores de 16 anos inclusive.
As clases desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro deste ano e serán dunha hora de duración. Impartiranse de luns a venres, podendo escoller entre varios horarios de tarde.
Imprescindible anotarse a través deste formulario https://forms.gle/6f4SsMLAfnRBLvTi7
- Para participar nas clases de outubro, tendes prazo para inscribiros ata este venres 15 de setembro.
- Para as clases de novembro, tendes prazo ata o 15 de outubro, data na que pechará a inscrición.
Esta nova actividade é posible grazas á formalización dun Convenio asinado o pasado 6 de setembro entre o Concello e a FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS para impartir clases durante os dous meses de outono. Está enmarcado no Programa de Axudas de Corresponsables ( da Secretaría Xeral do Deporte e de Igualdade da Xunta) solicitado pola Federación Galega de Tenis para a realización de actividades de animación sociodeportiva e conciliación familiar e laboral.
As axudas teñen como obxectivo habilitar servizos de cuidado profesional de nen@s e moz@s de ata 16 anos inclusive, desenvolvendo actividades de tenis.