O tradicional Belén de Nadal xa se pode visitar na Casa Consistorial

Un ano máis o Alcalde felicita a súa deseñadora, Marta Mariño e lle agradece o esforzo e traballo desenvolvido para a posta en escea desta pequena  gran composición de Nadal.

Luis Piña agradeceu á nosa veciña Marta Mariño por ter compartido un ano máis con todos nós a súa creación das escenas do Belén de Nadal.

Igual que en 2020, o Belén pódese visitar na antesala do Salón de Plenos da Casa  do Concello, no segundo andar,  en horario de oficinas  e ata despois da festividade de Reis.