Os alumnos de taekwondo da Cañiza consiguen novos triunfos

  • Nesta ocasión grazas aos podiums acadados na COPA XUNTA DE GALICIA DE TAEKWONDO celebrada en Moaña o pasado 18 de novembro.
  • Conseguiron para A CAÑIZA 7 medallas: 2 de ouro, 1 de prata e 4 bronces.
  • O Alcalde reuniuse cos deportistas e co seu adestrador Fidel Rodríguez, nas instalacións do Ximnasio Municipal da Cañiza, para felicitalos polo gran traballo que están desenvolvendo en prol desta disciplina e polos éxitos acadados  nas competicións provinciais e rexionais. Noraboa a todo o EQUIPO (alumn@s, profesorado e familias).

ORGULLOSOS DO NOSO CLUB

Un ano máis volvemos a celebrar o éxito dos nosos deportistas taekwondistas, na nova edición da Copa Xunta de Galicia de Técnica na que participaron cerca de 700 deportistas de 32 clubes galegos. Entre eles 10 competidores da Cañiza.

O Clube Asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, conseguiu 7 medallas nas modalidades de competitiva e amateur (para as idades comprendidas entre os 7 e 18 anos) nunha competición na que se reuniron os mellores deportistas das 4 provincias.

MODALIDADES E PODIUMS DA COPA GALICIA DE TAEKWONDO:

6 ANOS: Lara Miguélez Pérez que conseguiu a MEDALLA DE OURO

8 ANOS: Noa Domínguez Parada: MEDALLA DE PRATA

8 ANOS: Imanuel Domínguez Iserhiewrhitz. MEDALLA DE BRONCE

9 ANOS: Iker  González Soalleiro: MEDALLA DE BRONCE

10 ANOS: María Cerviño Alvarez: MEDALLA DE BRONCE

14 ANOS: María Rita Barros Alonso: MEDALLA DE BRONCE

18 ANOS: Manuel Romay Rodríguez: MEDALLA DE OURO

 

A Copa Xunta de Galicia de técnica (infantil e adultos) é un torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción deste deporte, aínda que nos últimos anos inclúe a categoría competitiva, que outorga puntos para o ránking galego de técnica. Neste torneo participaron os deportistas que acadaron a clasificación nas fases provinciais, que se celebraron nos últimos meses.

Na última competición provincial de Taekwondo, na que participaron 13 dos nosos taekwondistas, conseguimos 10 clasificacións.

Os 35 deportistas do Clube asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, entrenan nas instalacións do ximnasio municipal, de luns a venres en horario de 16h a 18h e está coordinado polo entrenador nacional de taekwondo Fidel Rodríguez, traballador do Concello da Cañiza, adscrito ao servizo de deportes como monitor deportivo.

Para ampliar información sobre esta disciplina deportiva, podes dirixirte ao persoal do ximnasio da Cañiza.