CASA DA MIRANDA (Espedregada - Valeixe)

A casa esta situada nunha contorna rural que convida a gozar, tanto da gastronomía como de actividades ao aire libre.

Descanso e desconexión están garantidos, pero se tamén queres aventura e acción atopásela; por exemplo sendeirismo, por rutas bordeando regatos e descubrindo antigos muíños que no seu tempo moían a fariña de millo dos habitantes dos arredores.

Ancorado moi preto da casa está situado un centro de multiaventura.

 

Contacto (Propietario): Inma e Jose.

Nº rexistro Turismo VUT-PO-001976

 

 

Razóns para visitar a casa ( segundo os propietarios)

A casa da Miranda ten un valor sentimental, pois pasou de xeración en xeración e tivemos a oportunidade de darlle nova vida con moito agarimo e detalle para que se goce con total comodidade, pero conservando a arquitectura das casas tradicionais galegas.

O Mellor

Contorna que convida ao relax e ao descanso pois os únicos sons que rompen o silencio son os da natureza . A casa aínda que con poucos metros esta moi ben distribuída co cal o confort esta asegurado. Cunha cama articulada e os seus colchóns de biscoelástica fan que o descanso esté garantido. Práctica e funcional consta de dous baños completos: un con bañeira e o outro con ducha para cubrir todas as necesidades dos usuarios. Cociña moderna e totalmente equipada, que podería ser utilizada e facer as delicias de calquera Chef.

Características

  •  Exterior: xardín,  horta, mobles de xardín. 
  •  Interior: Colección de xogos,  Lavadora,  Microondas,  Calefacción,  Lavalouzas,  Comedor,  Cociña,  Chimenea,  Televisión,  Sala de estar,  Zona de aparcamento. 
  •  Servizos: Admite animais,  Cuna disponible,  Documentación sobre a zona,  WiFi gratis. 
  •  Situación: Montaña,  Acceso asfaltado,  Aislada,   Sinalización do acceso,  Acceso en transporte público,  Zona de baño interior (ríos, embalses, etc.). 

Actividades

  •  Terra: Montañismo,  Multiaventura,  Rutas gastronómicas,  Sendeirismo - trekking,  Enoturismo. 
Enderezo

Lugar a Espedregada, 2, Valeixe.
36883 A Cañiza Pontevedra
España

Teléfono
648751968
E-mail
casadamiranda@hotmail.com
Hotel