Escola infantil municipal de A Cañiza

A escola infantil municipal (EIM) é un centro de titularidade municipal, xestionado polo propio Concello de A Cañiza que escolariza a nenos e nenas de 0 a 3 anos empadroados no termo municipal.

Neste intre a EIM ten autorizadas 43 prazas escolares, distribuidas nos tramos de idade:

1 Aula de 0-1 anos con capacidade para 8 nenos,

1 Aula de 1-2 anos con capacidade para 13 nenos e

1 Aula de 2-3 anos con capacidade para 20 nenos.

A escola ten un horario continuo de 8:00 horas a 19:00 horas e ao longo do mesmo, os/as nenos/as permanecerán un mínimo de 4 horas e un máximo de 8 horas

A quén está dirixido

  • Ao neno/a que teña a súa residencia en A Cañiza e teña nacido no momento de presentar a solicitude.
  • Ao neno/a que teña unha idade mínima de 3 meses na data de ingreso e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2010.

Para a reserva de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude

Cómo facelo: Presencialmente

As persoas interesadas poderán solicitar unha praza a través do impreso de solicitude que permitirá a renovación ou novo ingreso.

Pódese solicitar praza na Escola Infantil Municipal (EIM).

O modelo normalizado de solicitude, pode ser recollido no Servizo Municipal Atención Primaria do Concello de A Cañiza, na propia EIM ou ser descargado nesta mesma páxina.

A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido, mediante o que se avalían factores socioeconómicos, familiares e laborais da unidade familiar.

Non se valorarán as circunstancias puntuables que non se acrediten no momento de presentación da solicitude

Enderezo
Escola Infantil Municipal de A Cañiza
rúa Vilanova, s/n
36880 A CAÑIZA
Tel: 986 652 3 24

Oficinas
Servizos Sociais Comunitarios do Concello de A Cañiza
rúa Oriente, nº 11 – baixo
36880 A CAÑIZA
Teléfonos: 986 651 000
Horario: De 9:00 a 13:30 horas