Mamoa das achas

Unha mámoa é un enterramento prehistórico, do período Neolítico. Trátase dun túmulo de terra en cuxo interior se atopa unha cámara funeraria formada con grandes pedras planas e coñecida como dolmen ou anta. Esta de Achas atópase moi preto da Cañiza, no medio dun bosque de carballos e grandes fentos que convida a escoitar o son do vento entre as súas follas. Está escavada, ben sinalizada e forma parte do roteiro de Petán, un carreiro circular que percorre a zona de norte a sur.

Localización
Achas

Cultural