RED NATURA. Espazo natural protexido

Natura 2000

É unha rede de espazos naturais de alto valor ecolóxico a nivel europeo. Esta rede ten por obxetivo a de garantir a supervivencia, a longo prazo, das especies e  hábitats europeo máis valiosos e ameazados.

En Galicia forman parte desta rede 59 LICs (Lugares de importancia Comunitaria) e 14 ZEPAs (Zonas de especial proteción para as aves).

O Concello de A Cañiza conta cun tramo duns 2 km de lonxitude, cuxos marxes están totalmente desbrozados e acondicionados para camiñar. Dende o límite de Crecente río arriba podes chegar ata a Ponte da Vía Romana de Noceifas, a xoia máis antiga do noso patrimonio arquitectónico.

REDE NATURA 2000

 

¿QUÉ É REDE NATURA 2000?

 É unha rede de espazos naturais de alto valor ecolóxico a nivel europeo. Esta rede ten por obxetivo a de garantir a supervivencia, a longo prazo, das especies e  hábitats europeo máis valiosos e ameazados.

En Galicia forman parte desta rede 59 LICs (Lugares de importancia Comunitaria) e 14 ZEPAs (Zonas de especial proteción para as aves).

 

DESCRICIÓN

 Extenso tramo do río Miño, duns 76 Km de lonxitude, que discorre sen encorar ao longo do borde meridional das comarcas do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, entre a presa de Frieira e a súa desembocadura, nas  inmediacións de A Guarda.

Tamén se inclúe parte dos cursos de tres pequenos tributarios, o rego de Ribadil e os ríos Deva e Termes, así como, augas abaixo as desembocaduras dos ríos Tea, Caselas, Louro, Furnia, Cereixo e Tamuxe.

 O Concello de A Cañiza conta cun tramo duns 2 km de lonxitude, cuxos marxes están totalmente desbrozados e acondicionados para camiñar. Dende o límite de Crecente río arriba podes chegar ata a Ponte Medieval de Noceifas, unha xoia do noso patrimonio arquitectónico.

  

DATOS DO ESPAZO:

 código do lic: ES1140007

rexión bioclimática: Atlántica

Concellos: A Guarda, O Rosal, Salvaterra Do Miño, Tomiño, Tui, As Neves, Arbo, Crecente, A Cañiza  e Padrenda.

data inclusión: 2001

superficie: 2.791,64 ha

superficie do concello de a cañiza en rede natura 2000: 1,184 ha

outras designacións:

• zona de especial protección dos Valores Naturais (2004).

 

FLORA E VEXETACIÓN

 No tramo do río Ribadil podemos atopar pequenas mostras de bosque de ribeira amieiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior) así como de salgueiras, onde atoparemos gran variedade de salgueiros, entre os que aparecen algunhas especies infrecuentes como Salix aurita, Salix eleagnos e Salix salviifolia).

 Entre os elementos florísticos cabe destacar a presenza do narciso (Narcissus cyclamineus).

 

FAUNA

Ao longo do río podense observar dous tipos de lavandeiras, a branca (Motacilla alba) e a cincenta (Motacilla cinerea) a procura de insectos para alimentarse xunto co picapeixe (Alcedo atthis). Próximos a auga atoparemos libeliñas como o gaiteiro aliazul (Calopteryx virgo) e o odonato (Oxygastra curtisii).

Nas zonas máis soleadas da ribeira está presente o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi).

Mención especial a tartaruga leprosa (Mauremys leprosa) xa que se considera que no LIC Baixo Miño se mantén a única poboación autóctona de Galicia.

Entre os mamíferos vinculados aos cursos fluviais atópanse o desmán ibérico (Galemys pyrenaicus), a rata de auga (Arvicola sapidus) e a lontra (Lutra lutra).

   

RECOMENDACIÓNS:

  • Non se permite a acampada en ningunha das súas modalidades
  • Ir en silencio, permitirache observar a fauna
  • Observa a flora e a fauna sen danala nin arrincala para que todos podamos seguir gozando dela.
  • Recorda recoller o lixo e levalo a un lugar axeitado
  • Non se permite facer lume. Se ves fume chama ao 112 dos Servizos de Emerxencias.
  • As cabichas constitúen un residuo especialmente difícil de retirar. Apágaas ben e lévaas contigo.
Ruta de sendeirismo