Axenda - OcioIr a esta sección

TEATRO FAMILIAR OS QUINQUILLANS
Data: 01 de maio de 2021

No Auditorio da Casa de Cultura, o sábado 1 de maio de 2021, ás 20h30. Entrada gratuita.

TEATRO FAMILIAR "OS QUINQUILLÁNS"

Autora: Rosalía de Castro 
Casa de Cultura, sábado 1 de maio, ás 20.30 h
Entrada gratuita 
 
Para conmemorar o Día internacional do libro, 23 de abril,  o concello da Cañiza ofrécevos unha obra de teatro gratuíta da Compañía de teatro “Os quinquilláns”,  sobre a nosa autora máis universal, Rosalía de Castro.
 
“O músico Luís Caruncho e o público reciben con alegría a Rosalía de Castro e o seu editor, Soto e Freire, que veñen saber que quedou da súa obra en defensa da liberdade e da igualdade. Comeza unha festa coa que reivindicar a obra da Rosalía máis retranqueira, máis emocionante e moitas veces máis descoñecida”.
 
Recomendada para todos os públicos.
 
PROTOCOLO COVID
 
ACTUACIÓNS AUDITORIO DA CASA DE CULTURA DA CAÑIZA
 
-Entradas limitadas ata completar o aforo COVID.
 
-Reserva previa da entrada no nº de teléfono 986.66.30.69
 
-A entrada é nominativa, de xeito que a persoa que reserva ten que dar o seu nome, apelidos e teléfono, así como o nº de nenas/os que van ao seu cargo.
 
-Pódense reservar entradas individuais ou grupais para grupos de conviventes.
 
-Recollida do ticket de entrada na Biblioteca Municipal en horario de 10 a 13 h e 16.30 a 20 h de luns a venres e sábado previo á obra de 10 a 14 h.
 
-No caso de ter butacas libres, poranse a disposición do público o mesmo día da obra na "taquilla" da Casa de Cultura 1/2 hora antes do espectáculo, por rigorosa orde de chegada ata completar o aforo COVID.
 
-Apertura de portas ás 20 h (1/2 hora antes do espectáculo).
 
-Cada grupo sentará no lugar asignado pola organización.

 

 

compartir

axenda