NovasIr a esta sección

A piques de rematar as obras de reforma e modernización do alumeado público de Valeixe
Data de publicación: 22 de xuño de 2021

O VENRES 18 DE XUÑO REMATARON OS TRABALLOS NO ANXO DA GARDA E SE COLOCARON 10 NOVAS FAROLAS DO MODELO CAÑIZA NO CENTRO DA PARROQUIA, NA MIÑOTEIRA.

 

  •        Unha obra que supera os 463.000 €uros de investimento e que sustituiu o 100% das luminarias da parroquia, superando incluso a previsión inicial do proxecto que contemplaba a colocación de 800 puntos, pasando a colocarse 847 novas luces de última xeneración.

 

  •        Segundo explicou esta mañá o Alcalde Luis Piña esta importantísima e necesaria obra para a parroquia de Valeixe, a máis grande en extensión e poboación da Cañiza, cambiou por completo a antigua e deficiente instalación eléctrica de todo o alumeado público. Ademáis da colocación das novas luminarias, desplegouse máis de 13 km de novo cable no tendido eléctrico,  e sustituíronse máis de 40 báculos en mal estado.

 

  •        Tamén se instalaron 20 novos cadros de contadores eléctricos intelixentes, que veñen a sumarse aos 5 existentes nos lugares de Touzosas, Anxo da Garda, Almuiña, Súa Hermida e Miñoteira. A práctica ausencia de contadores en Valeixe, provocaba que a suministradora facturara o consumo por Alzado, un tipo de facturación que aplica unha elevada porcentaxe de penalización.

 

  •        Queda pendente a colocación de 6 novos postes do Foxo a Pintelos, 1 no Barreiro e outro en Veiga de Chan e a instalación de 11 novos báculos do modelo Aluminia en color bronce nos lugares do Centro Médico, Praza dos Remedios e Casa da Irmandade para que quede rematada esta obra sen precedentes na parroquia.

               

Dende que o pasado 20 de marzo o Alcalde anunciara a adxudicación desta obra, que marcou o inicio da modernización do noso Concello, a factura de electricidade xa viu reducidos os costes xa que esta reforma ademáis de dotar a Valeixe dunha moderna instalación eléctrica, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando aos barrios máis luminosidade, cambiando a luz laranxa por luz branca, supuxo o cambio do tipo de facturación.

 

Se eliminaron todos os puntos que ata agora se facturaban en alzado, cun alto consumo enerxético e penalizacións nas facturas, colocando novos contadores. Actuación que se traduciu nun importante aforro, reducindo a factura mensual en máis do 50%.

 

A obra está financiada ao 100% entre o Ministerio de Transición Ecolóxica, cunha aportación do 80% do total e a Deputación de Pontevedra, que a través do Plan Concellos 2020 aporta o 20% restante. Polo tanto cúmprese coa filosofía de axuste contable do Alcalde Luis Piña de non utilizar os recursos propios debido á actual situación económica que sufre o Concello.

compartir

axenda