Anuncio de solicitude de axuda á Deputación para a contratación de 2 persoas tituladas en dereito ao abeiro do Programa «Emprega nos Concellos 2026/2027»
Persoal, oposicións
SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAL, CON TITULACIÓN UNIVERSITARIA EN DEREITO, SEGUNDO AS BASES DO PROGRAMA "EMPREGA NOS CONCELLOS"
ANUNCIO DE CONVOCATORIA
O Concello de A Cañiza presenta solicitude de subvención ante a Deputación de Pontevedra para a contratación de 2 persoas tituladas que cumpran os requisitos esixidos, segundo a normativa vixente para a formalización de contratos formativos por medio das Bases e Convocatoria do Programa de Fomento da Empregabilidade na Provincia de Pontevedra “EMPREGA NOS CONCELLOS” , publicada no BOPPO .nº 188 de data 30 de setembro de 2026.
Tal e como dispón a normativa de referencia, os/as candidatos/as interesadas en participar no procedemento de selección, deberán ser remitidas como consecuencia do resultado da oferta de emprego emitida polo Concello de A Cañiza, e tramitada na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia sita no Termo Municipal.
Por medio deste Proxecto, se solicitou a subvención para a contratación de:
—— 2 persoas con titulación Universitaria en Dereito.
O procedemento de selección se iniciará unha vez se reciba a Resolución positiva concedente da subvención de referencia, e o persoal será contratado coas características establecidas na mesma, así como da normativa laboral actualmente en vigor.
As bases específicas do procedemento poderán consultarse, unha vez se inicie o procedemento de selección, no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da sede electrónica: https://caniza.sedelectronica.es.
Estes serán os principais medios para dar publicidade a tódalas notificacións dos actos que deriven do procedemento selectivo.