El 15 de agosto celebramos la jornada gastronómica de la «Feria del Jamón» y el VIII Concurso Nacional de Cortadores de Jamón.
- En la Carballeira del Cacharado -Travesía de la Feria. (A 200 m. del acceso de la Autovía A-52 Rías Baixas) a partir de las 11h.
- En una jornada llena de gastronomía y folclore y en la que los productos de «nuestra tierra», el jamón y los vinos de la Paradanta, serán los grandes protagonistas.
Programa da Xornada
Ás 11.00h comeza a venda de tickets para a compra das racións da Xornada Gastronómica do Concello .Serviremos xamón curado, asado, en empanada, en tortilla e xamón empanado.
Todas as racións a 7€, incluindo a especialidade de xamón elexida, pan, auga e un vaso de viño da nosa terra. Excelentes albariños brancos da D.O. Rías Baixas, das prestixiosas adegas EIDO DA FONTE e TERRAS de ABELAN que tamén estarán presentes na Feira con stand propio cos seus mellores e premiados caldos.
Ademáis, de agasallo un pano conmemorativo como lembranza da nosa Feira e unha rifa para participar no sorteo de dous xamóns.
E, ainda que o stand do Concello pecha pola tarde, durante todos os días, os establecementos da Vila continuarán servindo xamón.
Tamén ás 11h. dará comezo o VIII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón na que xa están escritos os mellores profesionais. Todas as racións (agás as dos pratos creativos) se destinarán á venda.
Ás 12h. comeza o desfile da comitiva do xamón dende a Casa Consistorial ata a Carballeira, encabezado polo tradicional carro galego, cargado de xamóns e tirado polos espectaculares bois de Mario Nogueira. Participan tamén no desfile os cabezudos, @s nen@s ataviad@s co traxe rexional portando as bandexas cos pinchos de xamón, rememorando a tradición das primeiras edicións de agasallar aos visitantes á festa con este pequeno pincho. O Alcalde Luis Piña, Concelleiros e demáis invitados acompañaran esta comitiva. E como non podía faltar o noso benquerido grupo de Gaitas da Asociación Cultural Santa Cristina de Valeixe amenizará o desfile.
Na Carballeira tamén nos agardan os acordes do Grupo de Gaitas «BARALLOCAS» da Cañiza e da Charanga «NOROESTE».
Xa chegados ás 14.30h entregaremos os premios aos gañadores do Concurso de Cortadores e sortearemos entre todos os asistentes 2 xamóns da Terra.
E pola tarde, ás 19.00h. Torneo de fútbol “Trofeo Festa do Xamón” no campo de Fútbol de O Vieiro e á mesma hora pero na rua Oriente, diante do Concello, espectáculo infantil de animación «A Bailar no Verán», a cargo da COMPAÑÍA ANIMAR-T
E pechamos o día grande da Cañiza con verbena. A partires das 22.30h festa amenizada polo Grupo LA NAVE (que actuará na Rúa Antonio Facorro) e a Orquestra GRAN PARADA dende a Praza Maior.