El Ayuntamiento presenta las BASES y abre el plazo de los concursos literarios “LETRAS GALEGAS 2024”

B A S E S REGULADORAS DE LA CONCESIÓN DE LOS PREMIOS DE LOS CERTÁMENES LITERARIOS “LETRAS GALLEGAS 2024”:

XXV CONCURSO DE POESÍA 

XXIII CONCURSO DE RELATOS O NARRACIONES BREVES

 

BASES

EXPEDIENTE 509/2024 :

Artigo 1. Obxecto

  1. Establécense as bases reguladoras das concesións que efectúe o Concello da Cañiza para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Concursos literarios Letras galegas 2024: XXV CONCURSO DE POESÍA E XXIII CONCURSO DE RELATOS.
  1. Estes premios son compatibles con calquera outra subvención, axuda ou ingreso para a mesma finalidade, procedente de calquera das administracións ou entes públicos ou privados, nacionais , da Unión Europea ou de Organismos Internacionais.

 

Artigo 2. Aplicación orzamentaria

Os gastos inherentes a estes certames imputaranse á partida orzamentaria 2023/334.48000 do orzamento xeral do Concello da Cañiza prorrogado ao 2024.

 

Artigo 3. Concorrencia competitiva

O réxime de concesión será de concorrencia competitiva, no cal a concesión dos premios se realiza mediante a comparación das obras literarias presentadas, a fin de establecer unha prelación entre as mesmas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria, e adxudicar os premios a aquelas que obtivesen maior valoración por parte do xurado.

 

Artigo 4. Normativa reguladora

En todo o non previsto por estas bases reguladoras serán de aplicación as seguintes normas:

-Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia.

-Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

-Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

-Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común.

-Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

-Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local.

 

Artigo 5. Publicación das bases

Estas bases publicaranse no Taboleiro de anuncios, na web municipal (www.caniza.org) e nas súas redes sociais.

 

Artigo 6. Finalidade

  1. Os   premios    regulados    nestas    bases    diríxense    a    promover    a   cultura,    e    máis especificamente, a fomentar a creatividade artística e impulsar a lingua galega.
  1. Adicionalmente, o Premio pretende satisfacer as seguintes finalidades:
  • Fomentar a participación rapazas e rapaces con inquietudes artísticas.
  • Promover a lingua galega como lingua de transmisión non só oral senón tamén escrita.

 

Artigo 7. Requisitos dos participantes.

  1. Poderá participar no certame calquera persoa física maior seis anos e menor de 18, de nacionalidade española ou estranxeira, que cumpra os seguinte requisitos:
  • A obra que se presente terá que ser inédita.
  • A obra non puido ser presentada en ningún outro certame nin ter sido premiada con anterioridade. As autoras/es garantirán a autoría e orixinalidade das obras presentadas ao concurso, así como que non é copia ou modificación de ninguna obra allea, nin integral, nin parcialmente.

 

Artigo 8. Temática

A temática das obras será libre.

 

Artigo 9. Presentación das obras

Os traballos presentaranse en lingua galega. Non poderán vir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor ou autora, sendo presentados cun lema ou título e deberán vir acompañados dun sobre pechado no que figure por fóra:

  • a Modalidade e Categoría na que se concursa,
  • o Título da obra e o lema ou pseudónimo do autor .
  • E no seu interior: nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono de contacto e fotocopia do DNI ou Libro de familia.

As obras a concurso deberán cumprir as seguintes condicións:

A extensión da poesía :

1ª Categoría: 15 versos mínimo

2ª Categoría: 25 versos mínimo

A extensión do relato:

1ª Categoría: Mínimo de un folio e un máximo de cinco.

2ª Categoría: Mínimo de un folio e un máximo de cinco.

 

Artigo 10. Prazo e lugar de presentación das obras

O prazo de admisión de obras rematará o 11 de maio de 2024 ás 13 h

 

Artigo 11. Lugar de entrega das obras

As obras deberán entregarse ou enviarse ao seguinte enderezo: Bibiblioteca Pública Municipal da Cañiza, Rúa Progreso nº 21 – 2º Andar.  36880- A Cañiza (Pontevedra)

 

Artigo 12. Modalidades

Establécense dúas modalidades e dentro destas, dúas categorías de participación:

 

  1. Modalidade: XXV Concurso de poesía.

                1ª Categoría: De 6 aos 12 anos (incluídos)

                2ª Categoría. De 13 a 17 anos (incluídos)

  1. Modalidade: XXIII Concurso de relatos.

               1ª Categoría: De 6 a 12 anos (incluídos)

               2ª Categoría: De 13 a 17 anos (incluídos)

 

Artigo 13. Criterios de valoración das obras.

As obras presentadas serán valoradas en base aos seguintes criterios:

  1. Creatividade e orixinalidade da obra.
  1. Forza expresiva da obra.

 

Artigo 14. Premios

Establécense 4 premios que se outorgarán a cada un dos gañadores de cada modalidade:

  1. Modalidade: XXV Concurso de poesía.

              1ª Categoría: 120 € + Diploma

              2ª Categoría. 120 € + Diploma

 

  1. Modalidade: XXIII Concurso de relatos.

               1ª Categoría: 120 € + Diploma

               2ªCategoría: 120 € + Diploma

O xurado ademais poderá conceder os accésits que considere pertinentes.

A organización resérvase o dereito de deixar vacante calquera dos premios do concurso.

 

Artigo 15. Composición do xurado e deliberacións.

O xurado será designado polo Excmo. Concello da Cañiza, quen, no seu día, fará pública a composición do mesmo.

  1. A valoración das obras corresponderá a un xurado que terá a seguinte composición:
  • Actuará como presidente o Concelleiro de Cultura.
  • Actuarán como vogais catro persoas relacionadas profesionalmente coa ensinanza e a literatura.
  • Actuará como secretario un empregado público do Concello da Cañiza (sen voto).
  1. Unha vez avaliadas as obras, o xurado deberá emitir o seu fallo no que se concrete o resultado da avaliación efectuada. O fallo do xurado será inapelable.
  1. As deliberacións do xurado serán secretas e levantarase acta da xuntanza.
  1. O xurado resérvase a facultade de interpretar estas bases así como as normas de cada convocatoria, así como de resolver calquera imprevisto.
  1. O fallo do xurado publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello da Cañiza.
  2. Será causa de abstención do xurado, as establecidas no artigo 23-34 da Lei 40/2015, de 1 de outubro.
  3. Os membros do xurado non poderán ser familiares dos concursantes. Sen prexuízo de que poidan presentarse e resultar seleccionadas para a súa exposición ou a súa publicación.

 

Artigo 16. Fallo do xurado

O fallo do Xurado farase público o día 17/05/2024; será comunicado aos autores/as galardoados , os cales se comprometen a asistir ao acto formal da entrega de premios, agás por causas xustificadas, en cuxo caso delegarán nunha persoa que a/o represente.

 

Artigo 17. Entrega de premios.

A entrega de premios realizarase durante un acto que terá lugar no Salón de Plenos do Concello da Cañiza o día 17/05/2024 ás 12 h.

 

Artigo 18. Calendario do proceso do certame.

11-maio- 2024.- Ás 13 h, Peche do prazo de presentación de obras a concurso.

13-maio- 2024.- Inicio da clasificación do material recibido.

14-maio- 2024.- Comezo das xuntanzas do Xurado.

17-maio - 2024.- Faise público o fallo do Xurado e comunícase a todos os concursantes.

17-maio - 2024.- Cerimonia de entrega de premios no Salón de Plenos do Concello da Cañiza ás 12 h.

 

Artigo 19. Publicación dos premiados

O fallo do concurso farase público de acordo co artigo 40 e 41 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP). Dado que se trata de actos integrantes dun procedemento de concorrencia competitiva, a práctica da notificación efectuarase, de conformidade co disposto no apartado b) do artigo 45 LPACAP, mediante o seu anuncio no Taboleiro de editos e na páxina web municipal.

 

Artigo 20. Obras gañadoras

As obras gañadoras serán expostas na páxina web do Concello da Cañiza. A organización resérvase o dereito de publicación en calquera outro medio ou publicación.

 

Artigo 21. Protección de datos

Os datos persoais facilitados polos concursantes serán tratados de conformidade ao establecido na Lei Orgánica 03/2018, de 05 de decembro, de Protección de Datos e garantia dos Dereitos Dixitais, puidendo os mesmos exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

 

Artigo 22. Aceptación

A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases e a conformidade coas decisións do Xurado. A organización reservase o dereito a introducir, se o cre conveniente, as modificacións necesarias para o bo funcionamento do concurso.

 

Artigo 23. Xustificación e interese xeral.

O artigo 8.1º da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, determina que as subvencións propostas polas administración públicas estean incluídas con carácter previo no Plan estratéxico de subvencións, non obstante exceptúanse na inclusión nese plan en supostos extraordinarios onde hai que motivar o porqué é necesario establecer a nova subvención.

 

Esta nova subvención responde ás necesidades que se pretenden satisfacer e facilita a consecución dos obxectivos que se pretenden alcanzar:

  • Promover a cultura e máis especificamente, fomentar a creatividade artistica.
  • Fomentar a participación activa da poboación cañicense e neste caso dos nosos nenos-as e da nosa mocidade.
  • Concienciar aos nosos rapaces e rapazas na defensa da nosa lingua e da nosa cultura. Que expresen as súas inquedanzas artistiscas no noso idioma, xa que A Cañiza a pesar de ser una zona cun claro dominio galego falante tal e como sinalan as estatisticas socio-linguísticas, porén amosan por una banda que a porcentaxe de galego escrito na nosa zona baixa considerablente e pola outra, que a nosa mocidade está afastándose cada vez máis da nosa lingua.

 

Por todo isto, é o noso deber como institución pública máis próxima á nosa cidadanía adoptar medidas para tentar reverter esta situación e os ditos concursos literarios contribúen a solucionar en certa medida esta eiva que está a acontecer na nosa sociedade, xa que contribúe a achegar á nosa xuventude a algo tan importante para a cultura dun pobo como é a súa propia lingua.

Por este feito considerase axeitado a convocatoria destes Concursos literarios entre as rapazas e rapaces do noso municipio para celebrar o 17 de maio Día das Letras Galegas 2024 adicadas este ano a Luísa Villalta.

 

Artigo 24. Norma final

En todos aqueles aspectos que non se encontren expresamente contemplados nestas bases, o xurado queda facultado para a súa resolución, así como respecto de todas as cuestión que poidan suscitarse no desenvolvemento do concurso, incluídas as reclamacións que puideran xurdir en relación cos premios concedidos.

 

A Cañiza, 12 de marzo de 2024