Mindfulness e Autocoidado – Actividade do Programa CLARA
O Concello da Cañiza, no marco do Programa CLARA en colaboración co Concello de Covelo, organiza unha sesión especial de Mindfulness dirixida a mulleres e persoas ao seu cargo, para mellorar o benestar emocional e fomentar hábitos de autocoidado.
Que é o Mindfulness?
Unha técnica que axuda a centrar a mente no momento presente, de xeito consciente e sen xuízos, reducindo o estrés, mellorando a concentración e reforzando o equilibrio emocional.
? Data: 8 luns seguidos, a partires do 1 de setembro
? Hora: 20:00 h
? Lugar: Edificio Multiusos da Cañiza
Sobre o Programa CLARA
Presentado o pasado 5 de agosto polos alcaldes da Cañiza e Covelo, o Programa CLARA é unha iniciativa conxunta para promover a igualdade e previr a violencia de xénero a través dun servizo municipal integral e compartido.
Está dirixido a mulleres, nenas e persoas ao seu cargo, e conta cun equipo multidisciplinar que ofrece:
-
Atención psicolóxica e xurídica gratuíta
-
Orientación laboral e actividades de saúde e benestar
-
Accións formativas e de sensibilización en igualdade
O programa está financiado pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do FSE+ Galicia 2021-2027.
? Para máis información ou inscricións, pode contactar cos teléfonos: 606 118 853 / 687 227 495.
? Actividade gratuíta con prazas limitadas.
Luns, 1 de setembro de 2025, ás 20:00h no Edificio Multiusos da Cañiza (Rúa Progreso, nº 21 - 1º andar)