X Concurso de Cortadores de Xamón do 15 de agosto 2025: Bases e formulario de inscrición
BASES DO X CONCURSO DE CORTADORES DE XAMÓN A CAÑIZA 2025
ORGANIZADO POLO CONCELLO DA CAÑIZA (PONTEVEDRA) E POLA ASOCIACIÓN DE CORTADORES DE XAMÓN DE GALICIA
OBXECTIVO E BASES DE PARTICIPACIÓN
OBXECTO:
-
Establécense as bases reguladoras das concesións que efectúe o Concello da Cañiza para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do X Concurso de cortadores de xamón.
-
Estes premios son compatibles con calquera outra subvención, axuda ou ingreso para o mesmo fin, procedente de calquera das administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
APLICACIÓN ORZAMENTARIA:
Os gastos inherentes a estes premios imputaranse á partida orzamentaria 2025/3340.48000.
CONCORRENCIA COMPETITIVA:
O réxime de concorrencia competitiva, no cal a concesión dos premios se realiza mediante a comparación dos pratos presentados, co fin de establecer unha prelación entre eles de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria, e adxudicar os premios a aqueles participantes que obteñan maior valoración por parte do xurado.
NORMATIVA REGULADORA:
En todo caso, no non previsto por estas bases reguladoras serán de aplicación as seguintes normas:
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
-
Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
-
Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.
-
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
-
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
-
Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do Réxime Local.
-
OBXECTIVO:
Recoñecemento e elección do mellor cortador de xamón entre os participantes seleccionados que amosen maior habilidade, estilo e creatividade.
DATA E LUGAR:
O concurso celebrarase o 15 de agosto de 2025 no emprazamento da Carballeira do Cacharado, no municipio da Cañiza (Pontevedra).
PARTICIPANTES:
Poderán participar no concurso todos os cortadores profesionais do sector, veciñ@s e interesados que o desexen.
Para iso deberán cubrir o boletín de inscrición adxunto e remitilo ao seguinte correo electrónico: cultura@caniza.org ata o día 13 de agosto de 2025 ás 23:59 h, indicando claramente:
“X CONCURSO cortadores de xamón A CAÑIZA 2025”
ou a través de algún dos seguintes medios:
-
Enderezo postal: CONCELLO DA CAÑIZA, Rúa Oriente nº 11, 36880 A CAÑIZA (Pontevedra)
-
Correo electrónico: cultura@caniza.org
-
Teléfono da organización: 618 323 531
-
ORGANIZACIÓN:
Este concurso está organizado polo Concello da Cañiza, coordinado polo cortador profesional e local Víctor Burgos e dirixido polo cortador profesional D. Juan Antonio Barbero Peral.
BASES
-
O concurso realizarase na Carballeira do Cacharado da vila da Cañiza (Pontevedra), ás 11:00 h do día 15 de agosto de 2025, debendo estar con 2 horas de antelación no lugar.
-
Cada participante disporá dun xamón de características semellantes. Os xamóns non variarán en máis de 400 gramos entre o máis grande e o máis pequeno.
-
Realizarase un sorteo previo para que o cortador elixa un dos xamóns dispoñibles, minutos antes do inicio do concurso.
-
Os concursantes deberán levar toda a indumentaria e útiles necesarios para o desenvolvemento da actividade: coitelos, pratos para as distintas presentacións, soporte xamoneiro, etc.
-
O concurso comezará cando o director do mesmo o autorice. Unha vez iniciado, os concursantes disporán de 2 horas para realizar todo o traballo. O concursante que non remate a peza no tempo estipulado non obterá premio ningún.
-
A organización facilitará recipientes para depositar os restos procedentes da limpeza da peza, para o seu posterior pesado.
-
Deberase cortar en lonchas e empratar todo o xamón, non estando permitido facer tacos, nin sequera nos pratos de presentación ou creativos.
-
Todo o loncheado será colocado en pratos de iguais características achegados pola organización, agás o prato creativo e os de presentación, que serán achegados polo concursante.
-
Os concursantes poderán empregar suplementos para elevar a táboa de corte, se así o desexan, que deberán achegar eles mesmos.
-
Durante o concurso, os participantes non poderán ser axudados por ningunha persoa.
-
Os membros do xurado serán designados polo Excmo. Concello da Cañiza, que publicará a elección antes da celebración do evento. O xurado estará constituído por persoas relacionadas profesionalmente co corte de xamón.
-
A todos os concursantes e as súas respectivas parellas (en total 2 persoas incluíndo o cortador) ofreceráselles unha comida despois do concurso de forma gratuíta no propio lugar ou nunha zona reservada.
-
O mero feito de participar no concurso implica a aceptación destas bases.
14. PUNTUACIÓNS
1. Limpeza, pelado e perfilado da peza – De 1 a 10 puntos, valorando eliminación de graxas ranxas, correcto pelado e perfilado.
2. Estilo do cortador – Vestimenta: apto/non apto; máis serenidade, profesionalidade, orde e hixiene. De 1 a 10 puntos.
3. Rectitude no corte – Penalízanse resaltos, ondulacións ou cortes laterais; valórase un plano horizontal constante. De 1 a 10 puntos.
4. Empratado xeral – Colocación das lonchas, homoxeneidade e harmonía. Sen tacos. De 1 a 10 puntos.
5. Calidade da loncha – Grosor, tamaño, textura, entrada e saída do coitelo. De 1 a 10 puntos.
6. Orde e limpeza da zona de traballo – Ao inicio, durante e ao final. Sen riscos para o cortador. De 1 a 10 puntos.
7. Pratos de 100 gramos – 3 pratos (maza, babilla e punta).
100 g = 12 puntos; 98 g ou 102 g = 9,8 puntos.
8. Cantidade de pratos obtidos – 1 punto por prato válido.
9. Remate e apurado da peza – Sen tacos nin desosado. De 1 a 10 puntos.
10. Rendemento – Do 2 ao 10, só se é superior ao 40%; menos de 40% = 0.
11. Pratos de presentación (maza, babilla e punta) – Só xamón e touciño. De 1 a 10 puntos cada un.
12. Prato creativo – Pode incluír outros elementos sen preparación culinaria. De 1 a 10 puntos.
En caso de empate, prevalecerá a puntuación do apartado 11.
15. PREMIOS DO CONCURSO
Primeiro clasificado:
-
Trofeo
-
600 €
-
Difusión en medios nacionais
-
Diploma acreditativo
Segundo clasificado:
-
Trofeo
-
400 €
-
Difusión en medios nacionais
-
Diploma acreditativo
Terceiro clasificado:
-
Trofeo
-
200 €
-
Difusión en medios nacionais
-
Diploma acreditativo
Do 4º ao último clasificado:
-
Difusión en medios nacionais
-
Diploma acreditativo
Mellor prato creativo:
-
Trofeo
-
200 €
-
Difusión en medios nacionais
-
Diploma acreditativo
Premio especial Xamón A Cañiza 2025:
-
Para o/a primeiro/a clasificado/a afincado/a en Galicia
-
200 €
-
Difusión en medios nacionais
-
Diploma acreditativo
16. DESENVOLVEMENTO DO CAMPEONATO
-
Selección e notificación de concursantes e suplentes
-
Reunión do comité organizador e xurado profesional
-
Dúbidas e preguntas
-
Presentación oficial
-
Colocación provisional de utensilios e ferramentas
-
Inspección e pesado das pezas
-
Sorteo de pezas e ubicación de concursantes
-
Supervisión definitiva
-
Identificación e reparto de tarxetas
-
Inicio oficial do campionato
-
Deliberación do xurado
-
Cumprimentación de actas e entrega de premios
-
Agradecementos e finalización
-
Comida co xurado e participantes
17. A organización terá potestade para realizar os cambios que considere oportunos en consenso co xurado.
A Cañiza (Pontevedra), 4 de agosto de 2025
15 de agosto de 2025 na Carballeira do Cacharado da Cañiza