BANDO DA ALCALDÍA MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DE AFORRO DE AUGA

 

 

BANDO DA ALCALDÍA

 

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DE AFORRO DE AUGA

 

Luis Antonio Gómez Piña, Alcalde do Concello da Caniza,

FAI SABER:

 

Que, con data de hoxe, 30 de outubro de 2026, esta Alcaldía ditou a Resolución 2026 -1481 pola que se declara a existencia dunha situación de escaseza de recursos hídricos e se adoptan medidas extraordinarias para garantir a continuidade do servizo municipal de abastecemento domiciliario de auga potable.

En consecuencia, faise saber á veciñanza que, durante a vixencia da Resolución, deberán observarse as seguintes medidas:

a) O corte de auga na Traída Municipal da Caniza, desde as 23.00 horas ata as 7.00 horas.

Trasládase aos usuarios a necesidade de extremar o coidado na apertura de billas pola mañá, unha vez restitúase o servizo.

b) Prohíbese expresamente o acopio de auga, co fin de que o corte cumpra coa finalidade pretendida durante a súa vixencia temporal.

c) Quedan prohibidos os seguintes usos non esenciais da auga procedente da Traída municipal da Caniza:

  • Rega de xardíns, hortas e zonas verdes particulares.

  • Enchido de piscinas privadas.

  • Baldeo de rúas, patios ou fachadas.

  • Lavado de vehículos.

  • Calquera outro uso recreativo ou ornamental incompatible coa situación de escaseza existente.

d) Recoméndase reducir o consumo doméstico ao mínimo imprescindible, adoptando, entre outras, as seguintes medidas de aforro:

  • Evitar duchas prolongadas.

  • Pechar a billa mentres se enxaboa ou se lavan os dentes.

  • Utilizar lavadoras e lavalouzas unicamente con carga completa.

  • Evitar calquera outro uso innecesario da auga.

e) Recoméndase revisar as instalacións particulares para detectar e reparar posibles fugas de auga.

O Concello poderá realizar os controis e inspeccións que resulten necesarios para comprobar o cumprimento das medidas establecidas na Resolución e neste Bando.

O incumprimento das prohibicións e limitacións establecidas poderá dar lugar á adopción das medidas que legalmente procedan e, se é o caso, á imposición das sancións previstas na lexislación vixente.

 

A Caniza, 30 de outubro de 2026

O Alcalde