O Conselleiro de Política Social José Manuel Rey Varela visita A Cañiza
10 de xaneiro de 2018

Nesta visita o Conselleiro fixo referencia ao reforzo que dende a Xunta se fixo no servizo de axuda no fogar (SAF) de A Cañiza, incrementando entre 2015 e 2017 nun 129% as horas dispoñibles no coidado a persoas maiores dependentes no seu entorno familiar, ata sumar 19.848 horas anuais en total.

O Conselleiro visitou as dependencias de servizos sociais e o Centro de Día Anxo.

Ler máis
O Concello e o Clube Balonman Cañiza asinan un Convenio para 2018
09 de xaneiro de 2018

Coa firma deste convenio, o Concello segue sendo o principal apoio e colaborador do clube, garantindo deste xeito a continuidade do deporte de elite no termo municipal para os vindeiros anos.

Ler máis
O Alcalde inaugura o Curso de Atención Sociosanitaria
29 de decembro de 2017

Miguel Domínguez inaugurou esta mañá este curso de formación de 450 horas distribuídas en 370 horas formativas de carácter presencial e 80 horas de prácticas en institucións sociais.

Ler máis
CAMPAÑA O QUE SE ENCHUFA, RECÍCLASE
26 de decembro de 2017

Os días 27 e 28 de decembro, diante da Casa Consistorial 

Con esta iniciativa preténdese concienciar á poboación da necesidade de reciclar os RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos) e informar sobre os puntos de recollida existentes. 

Ler máis
O CONCELLO ESTREA NOVO TRACTOR DESBROZADOR
22 de decembro de 2017

Miguel Domínguez recepcionou onte o novo vehículo que permitirá reforzar e mellorar o servizo de mantemento e limpeza de maleza no noso rural.
Grazas ao Convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello de A Cañiza.

Ler máis
Actividades
ENTROIDO 2018. Bases do Concurso de Comparsas

Concurso de comparsas de entroido

Domingo 11 de febreiro de 2018, a partires das 5 da tarde no Pavillón Deportivo de A Cañiza

Entra neste enlace e consulta as Bases do Concurso

Ler máis
Festa Infantil de Entroido

Luns, 12 de febreiro de 2018, a partires das 5 da tarde

na Casa de Cultura de A Cañiza

Disfraces, merenda e espectáculos musicais para todos os públicos

Ler máis
 
 
novas
SERVIZO DE ORIENTACION LABORAL
21 de decembro de 2017

Xa podes consultar no taboleiro de anuncios do noso Servizo de Orientación Laboral as ofertas de emprego público, privado e de formación que se ofrecen na nosa área de influencia.

Ler máis
MARTHA MARIÑO VOLVE A PRESENTAR O SEU BELEN DE NADAL
20 de decembro de 2017

Máis de 50 horas levoulle a Marta a montaxe e composición deste precioso Belén que conta con máis de 90 figuras creadas por ela, ademais de 50 animais e máis de 100 pezas do Concello. Poderá visitarse en horario de 10 a 22 horas ata o 8 de xaneiro.

 
Ler máis
CITAS PARA A RENOVACIÓN DO DNI 2018
20 de decembro de 2017

Xa podes consultar nesta ligazón o calendario do EQUIPO MÓBIL DE RENOVACIÓN DO DNI da Policía Nacional para o ano 2018.

Para pedir cita, é necesario poñerse en contacto coa policía local do Concello chamando ás oficinas xerais.

Cita en xaneiro: LUNS, DÍA 8

Ler máis
VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NÖEL
19 de decembro de 2017

Esta semana comezou de novo con actividades para os máis pequenos que recibiron o saúdo de Papá Nöel a través de Videoconferencia.

Ler máis
Miguel Domínguez presenta o Calendario 2018
15 de decembro de 2017

A FOTOGRAFÍA, PROTAGONISTA DO CALENDARIO 2018 DA CAÑIZA

O Alcalde presentou o venres 15 de decembro o Calendario 2018 acompañado da Teniente de Alcalde Ana Cerviño e dos autores das fotografías que aparecen no traballo deste ano.

Ler máis
A Xunta inviste grazas ao Plan Hurbe preto de 75.500 euros na Cañiza para a mellora da rúa Progreso
07 de decembro de 2017

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local para acometer obras que redunden directamente no benestar dos cidadáns

Ler máis
A Xunta inicia en A Cañiza un curso de atención sociosanitaria
30 de novembro de 2017

A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS 

Un total de 450 horas distribuídas en 370 horas formativas de carácter presencial e 80 horas de prácticas en institucións sociais.

DATA DE INICIO DO CURSO: A MEDIDADOS DO MES DE DECEMBRO DE 2017

15 Prazas

Ler máis
Terras do Condado - A Paradanta
axenda
VÍDEO 50 ANOS DE FEIRA DO XAMÓN
VÍDEO
Índice da sección
Ir a esta sección
compartir

 

Escola Infantil Municipal da Cañiza (0-3 anos)