NovasIr a esta sección

O Concello pon en valor a parroquia de Petán
Data de publicación: 19 de febreiro de 2018

MELLORANDO A SÚA CONTORNA

Coa execución de cinco importantes actuacións necesarias para a mellora da calidade de vila dos veciños que viven no rural.

A Mellora do alumeado público na zona da Igrexa, a actualización da sinaléctica de todos os barrios e entidades de poboación da parroquia, a instalación de antenas wi-fi, a mellora do camiño do Outeiro e a construcción dun aparcadoiro no emprazamento da Igrexa Parroquial, son algunhas das melloras que se executaron neste último ano. 

O

Máis de 95.000 €uros investidos en obras necesarias para garantir a mellor convivencia dos nosos veciños no entorno rural e que son o resultado do firme compromiso adquirido pola Alcaldía coas nosas parroquias. 

Unha das máis importantes foi a mellora da instalación eléctrica en baixa tensión do alumeado público do barrio do Outeiro para adaptala ás exisencias das ordes  en materia de industria, enerxía e comercio actuáis e sobre todo para dotar á zona dunha axeitada iluminación que permita obter a máxima seguridade vial e tamén cidadá.

Sustituiuse a totalidade do cableado en máis dun kilómetro, o equipo de protección xeral, ás medidas de enerxía e o cadro eléctrico así como a rede aérea de alimentación a luminarias e as sustitucións dos elementos de protección área de 21 puntos de luz.

Outra importante actuación foi a construcción dun amplio e estratéxico aparcadoiro na contorna da igrexa parroquial e a Sala de Velacións, no barrio do Outeiro. Unha obra demandada polos veciños e que se facía necesaria polos servizos que acolle esta localización e que controbuiu ademáis a mellorar a estética da zona.

Ademáis e co obxectivo de mellorar a rede de camiños rurais, executouse dentro do Plan de camiños 2016-17 a mellora da pista rural do Outeiro, pavimentando un tramo completo de máis de medio kilómetro.

Por outra banda se desenvolveu un axeitado proxecto de sinalización de recursos turísticos para visibilizar o patrimonio arquitectónico, relixioso e paisaxístico da parroquia. Nesta mesma liña, en Petán, igual que en todo o término municipal, se desenvolveu outro proxecto de sinaléctica vertical de todos os lugares, barrios e localizacións de interese.

O Concello tamén solicitou para a parroquia, nesta ocasión, a través do GDR13 a instalación de redes wifi no rural, de xeito que á antena repetidora do Outeiro, situada no centro neurálxico da parroquia, se sumou este ano a instalación doutro emisor na zona de Senande.

compartir

axenda