NovasIr a esta sección

O Concello aproba inicialmente o Orzamento para 2018 e a bonificación dos impostos ás empresas
Data de publicación: 16 de marzo de 2018

No Pleno extraordinario celebrado o pasado mércores 14 de Marzo, acordouse a aprobación inicial do Orzamento para o ano 2018 así como a bonificación da cota integra dos impostos do IBI, IAE e ICIO para as empresas que sexan declaradas de interese ou utilidade municipal por ser xeneradoras de emprego. 

 

No Pleno extraordinario celebrado o pasado mércores 14 de Marzo, acordouse a aprobación inicial do Orzamento para o ano 2018. Foi un Pleno casi monográfico adicado a aprobación do Orzamento Anual e que a pesar de ser extraordinario, foi convocado con 5 días de antelación. Un pleno que se tivo que celebrar no mesmo día en que a Interventora Municipal cesaba no seu cargo. Precisamente por ser esta habilitada nacional a responsable de todos os informes económicos do orzamento, tiña que estar presente dado que a Lei recomenda a asistencia aos plenos dos/as interventores/as cando se trata de asuntos de carácter económico.

  1. Aprobouse co voto a Favor do Grupo de Goberno un orzamento de 4.001.298,83€ :

 

  1. 1.810.000,00€ destinados a salarios e Seguridade Social, dos cales mais de un 20% destinase a Servizos Sociais logo do incremento no servizo de Axuda no Fogar ao longo dos últimos anos. Tense en conta a subida do 2% dos salarios dos empregados públicos para o 2018 e a aprobación da RPT.
  2. 1.122.000,00€ destinados aos gastos derivados do funcionamento dos servizos do Concello.
  3. 175.000,00€ destinados entre outros, a cultura, subvencións, axudas a exclusión social, emerxencia social…
  4. 110.000,00€ destinados a amortización de deuda e pago de intereses, destacando a reducción de 60.000,00€ menos debido a disminución de deuda.
  5. 784.000,00€ destinadas a inversions.
  1. Aprobouse a modificación das Ordenanzas Municipais que regulan os Impostos sobre Bienes Inmuebles (IBI), sobre Actividades Económicas (IAE) e sobre Construccions, Instalacions e Obras (ICIO), bonificando a cota integra destes impostos para as actividades ou construccions que sexan declaradas de interese ou utilidade municipal por ser xeneradoras de emprego. Estas medidas serán de aplicación para os supostos de inicio de unha nova actividade ou ampliación das instalacions existentes sempre e cando implique creación de emprego.
  2. As porcentaxes de bonificación son:
  1. 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo.
  2. 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.
  3. 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.

 

compartir

axenda