NovasIr a esta sección

O Concello notifica á Xunta sobre as desfeitas e a alerta que provocan os xabarís nas distintas parroquias e no límite co casco urbano
Data de publicación: 20 de xullo de 2020

A Xunta ten a competencia exclusiva en materia de xestión do territorio e no control da fauna cinexética.

 

ADEMÁIS DE REALIZAR OUTRAS XESTIÓNS DE CARA A DAR SAÍDA A ESTA PROBLEMÁTICA, O ALCALDE LUIS PIÑA SOLICITOU OFICIALMENTE A INTERVENCIÓN DENDE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E DE MEDIO AMBIENTE E TERRITORIO DA XUNTA DE GALICIA PARA EVITAR O RISCO DE PROPAGACIÓN DE ENFERMIDADES ANIMAIS E ACABAR COS DANOS NAS PRODUCIÓNS AGROGANDEIRAS DOS VECIÑOS DA CAÑiZA.

 

Ademáis de realizar outras xestións nesta mesma liña, o Alcalde notificou oficialmente diante do Conselleiro de Medio Rural e da Conselleira de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia a problemática de alerta sanitaria e de desfeitas agroalimentarias que está xerando a presencia destes animáis salvaxes no casco urbano e en distintas parroquias da Cañiza.

Preocupa excepcionalmente o asentamento desta fauna salvaxe na zona anexa ao casco urbano, estando definido o ámbito de actuación porque se coñece o seu emprazamento.

Considerando que a Xunta é a que ten a competencia exclusiva no control da fauna cinexética, neste caso da poboación de xabarís, dende a Alcaldía se lle informa desta problemática que afecta xa ao casco urbano e se lle insiste en que se aporte unha solución á maior brevidade posible para poder abordar este problema e para asegurar que a nosa poboación rural poida ter garantizada a súa saúde,  o seu esforzo e traballo, a súa integridade física e por suposto a súa calidade de vida.

compartir

axenda