NovasIr a esta sección

O Concello pon en marcha un proxecto de sinalización integral do Municipio
Data de publicación: 08 de setembro de 2017

Neste mes de setembro quedarán finalizados os traballos de mellora de toda a sinaléctica  vertical que vertebra o Concello de A Cañiza, aproveitando a ocasión para unificar os deseños e imaxe corporativa e corrixir os defectos existentes ata o de agora.

Con esta mellora que contempla a colocación de máis de 300 sinais, preténdese facilitar os accesos visuais aos barrios e entidades de poboación de A Cañiza, identificar todos os seus núcleos de poboación e tamén poñer en valor e servir de indicación para acceder aos nosos recursos patrimoniais e turísticos.

Mala localización das sinais, existencia de duplicidade de cabeceiras, alturas inadecuadas, anulación de dirección, postes de baixa sustentación e colocación de máis sinais ou indicacións das necesarias nun so báculo son algúns dos defectos que quedarán corrixidos.

compartir

axenda