NovasIr a esta sección

O Servizo de recollida de voluminosos recolleu no mes de xullo 10 camións de residuos con destino ao punto limpo
Data de publicación: 10 de agosto de 2020

Na instalación os particulares tamén depositaron nesta última mensualidade máis de 100 residuos non orgánicos.

ESTE DATO AMOSA O AUMENTO DE POBOACIÓN NA CAÑIZA E O GRAO DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL DOS VECIÑOS.

DENDE A SÚA APERTURA HAI 13 ANOS, O PUNTO LIMPO DA CAÑIZA LEVA DESENVOLVIDA UNHA IMPORTANTE LABOR PARA REDUCIR NO NOSO TERRITORIO OS VERTEDOIROS INCONTROLADOS, AINDA QUE TEMOS QUE SEGUIR TRABALLANDO PARA AUMENTAR O GRADO DE IMPLICACIÓN DOS VECIÑOS XA QUE SEGUEN APARECENDO VERQUIDOS.

NO QUE VAI DE ANO, O PUNTO LIMPO LEVA REPORTADO UN COSTE ECONÓMICO PARA O CONCELLO DE 9.000,00€ DE GASTO EN CONCEPTO DE RETIRADA DO DEPÓSITO DA INSTALACIÓN DOS RESIDUOS POR XESTORES AUTORIZADOS.

 

O servizo de recollida de voluminosos polas parroquias recibiu neste mes de xullo máis de 38 solicitudes. Un total de 10 viaxes de camións para recoller 25 colchóns, 9 somieres, Tv, residuos de plástico e de madeira, sobre todo grandes mobles, sofás, cociñas e outros grandes aparellos. Dende a súa inauguración esta foi a maior recollida en canto a cantidade, volume e m3.

Pero ademáis a propia instalación recibiu multiples achegas dos veciños particulares. 51 solicitudes cubertas para dar conta do depósito de máis de 108 artículos.

Esto é un refrexo do grado de concienciación dos nosos veciños coa reciclaxe e o medio natural, ainda que hai que seguir traballando para crear unha auténtica conciencia ambiental entre a nosa poboación para reducir a contaminación.

Para poder facer uso do servizo de recollida de voluminosos, os particulares teñen que chamar ao Concello para notificar o tipo de residuos e os seus datos persoais. Este servizo realízase o último xoves de cada mes, polo que os residuos solo poden depositarse o mércores anterior.

Por outra banda, se os particulares desexan levar pola súa conta calquera tipo de residuo, o Punto Limpo está aberto de luns  a  venres en horario de 09h00 a 15h00 e os sábados en horario de 09h00 a 14h00 (os sábados desde novembro de 2019). 

compartir

axenda