NovasIr a esta sección

PLAN DE PAGOS PARA ELIMINAR A DÉBEDA ELÉCTRICA
Data de publicación: 14 de novembro de 2020

O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, consigue que a Comercializadora Gas & Power, S.A. e Naturgy acepten a firma dun plan de pagos a tres anos para eliminar a débeda de electricidade, 392.356,44 €,  coas mellores condicións posibles.

 

  • Con esta operación o Concello poderá adherirse ao Acordo Marco da FEMP para o subministro de electricidade coas mellores tarifas, podendo reducir en máis de 100.000€ anuais o coste da luz das instalacións públicas (un total de 380.000€ ao ano entre os máis de 65 subministros existentes). Esta adhesión permitirá ao Consistorio  reducir ata un  30% os costes eléctricos.

 

  • Todo un éxito que o Alcalde consegue grazas as serias medidas adoptadas para facer fronte á crítica situación económica do Concello. Medidas que xa empezan a dar froitos pese a que aínda nos quedan anos para poder conseguir que os servizos sexan polo menos sustentables, xa que, no noso caso, non o son.

 

O Concello da Cañiza e as comercializadoras de electricidade  GAS & POWER  e NATURGY IBERIA  asinaron os Acordos de Pagos a 36 meses para eliminar a débeda con estas dúas sociedades  que ascende a un total de  392.356,44 €, aos que hai que engadir o recibo mensual de gasto por suministro eléctrico que supera os 31.000 €uros.

Con este acordo que recolle toda a debeda, pagarase unha cantidade mensual máis a factura do último mes por gasto eléctrico. Así ata outubro de 2023.  É dicir, en novembro, xunto co pago da 1º cuota do Acordo, o Concello deberá pagar a facturación emitida en agosto de 2020 e así sucesivamente para saldar a débeda.

Co aforro previsible do 30% que conseguiremos acolléndonos ao Acordo Marco da FEMP, estaremos en disposición de poder pagar a mensualidade da deuda do Plan a 3 anos e eliminar a morosidade con estas compañías.

 

compartir

axenda