NovasIr a esta sección

Programa Galego de Detección do Cancro de Mama
Data de publicación: 30 de outubro de 2017

da Consellería de Sanidade da Xunta de Galica en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AECC) inicia a campaña neste Concello o 2 de NOVEMBRO DE 2017.

Poranse á disposición de todas as veciñas autobuses que sairán dende o Gran Sol en A Cañiza e dende a Estación Gasolinera de Valeixe.

B A N D O

 

MIGUEL ADOLFO DOMÍNGUEZ ALFONSO,

ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A CAÑIZA

 

 FAI  SABER :

 

Que o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AECC), inicia a Campaña neste Concello de A Cañiza o día 2 DE NOVEMBRO DE 2017.

Este programa consiste na realización gratuita  de mamografías a todas as señoras de idades comprendidas entre os 50 e 69 anos deste Concello.

 As mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración, ubicada na CASA DO MAR EN VIGO (Avenida Beiramar, nº 51 -2ª planta de Vigo). Mediante carta comunicaraselle o día, hora e lugar o que teñen que acudir.

     Todas as señoras que teñan entre 50 e 69 anos e que non recibisen carta, poden chamar ao teléfono 981 14 14 14, onde se lles dará unha cita.

Este Programa pon a disposición de todas as veciñas o TRANSPORTE DE BALDE, para facilitarlle o acceso dende o Concello. Ida e Volta.Este transporte non é obrigatorio xa que poder acudir polos seus medios.

Dependendo da hora na que teñan a exploración poderán facer uso do tansporte tendo en conta as seguintes paradas e horarios.

Recollida en A CAÑIZA  ( no Gran Sol): 08:00 e 11:30h

Recollida en VALEIXE    ( Gasolinera) :  08:10 e 11:40h

COnsulta neste enlace toda a información sobre o PROGRAMA

 

compartir

axenda